miércoles, 18 de mayo de 2022

MÉRCORES, 18 DE MAIO.

 

Bo día rapazada de sexto! Que tal con un día de descanso no medio da semana? Supoñemos que ben, pero hoxe toca traballar de novo.
Hoxe, 18 de maio, é o Día Internacional dos Museos. Celébrase desde 1977 por iniciativa do Consello Internacional de Museos. É unha data non so para visitar os museos da localidade, senón para aprender sobre estas organizacións sen fins de lucro, que exercen a función de gardas dos bens culturais da humanidade. Por certo, sabes que museo, famoso no mundo enteiro, é o da imaxe? Se o sabes, mañá coméntallo ao teu profe ou á túa profe, así saberán que viches o blog.
As tarefas de hoxe son:
6º A:
-Lingua castelá: control.
-Lingua galega: o teatro.

6º B:
-LC: repaso y dudas para el examen
-LG: dudas do examen . Pax. 128-2 e 129-4
-CCSS: repaso do tema fichas

6º C:
L.C: examen 
L.G: preexame (fichas)

Ata mañá!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MÉRCORES, 22 DE XUÑO.

  Bo día rapazada de sexto! Por fin chegou o día. Ese día que dá comezo ás vacacións de verán. Vacacións nas que descansaredes, xogaredes, i...