Bo día rapazada de sexto! Por fin chegou o día. Ese día que dá comezo ás vacacións de verán. Vacacións nas que descansaredes, xogaredes, iredes a praia, viaxaredes, leredes un libro (ou dous, ou tres...).
Hoxe rematades os vosos estudos en Reibón. Uns anos que recordaredes sempre polos amigos e amigas que aquí fixestes, por todo o que aprendestes, a excursións... e os/as profes que en toda esta travesía vos fomos acompañando. Todos e todas puxemos o noso gran de area na vosa formación, con moito empeño, dedicación e ilusión. Sempre en contacto e colaboración coas familias, para atender as vosas necesidades desde varios puntos de vista: académicas, emocionais, afectivas, sociais... Porque a escola é moito máis que contidos académicos. E especialmente en Reibón, onde somos e nos sentimos unha gran familia.
Algúns de vós seguiredes vindo por aquí porque tedes irmáns pequenos. Outros/as viredes nuns anos a pedir permiso para facer as prácticas da universidade en Reibón, porque queredes ser mestres. Pero para todos e todas, esta seguirá sendo a vosa casa. Aquí estaremos para o que necesitedes.
Onte foi un día moi emotivo. Tan guapos e guapas recibindo os vosos diplomas e orlas, e por suposto, o noso abrazo e cariño.Tamén os profes recibimos o voso cariño e tamén o das vosas familias.Agradecemos moitísimo os agasallos que nos destes ao final do acto, non tiñades por qué darnos nada xa que é o noso traballo e obriga atendervos e transmitirvos os coñecementos necesarios para avanzar á etapa seguinte.Grazas polas vosas mostras de afecto hacia nós.
Non nos queda máis que desexarvos moita sorte na nova etapa que emprendedes. Ide tranquilos, xa veredes como una vez no instituto todo resulta máis sinxelo do que pensades.
Por último, antes de abandonar as publicacións neste blog, deixamos aquí dous enlaces, un con material de matemáticas, que pode axudarvos no verán aos que tedes algunha dificultade coa resolución de problemas, e outro coas fotos do acto de graduación.
Moitas grazas e ata sempre!
No hay comentarios:
Publicar un comentario