martes, 11 de enero de 2022

MARTES, 11 DE XANEIRO.


 Bo día rapazada de 6º! Como vai todo? Acabamos de arrancar o segundo trimestre, e sodes vari@s os que tedes que estar en casa sen poder vir. Seguide as tarefas deste blog e os profes contactaremos  con vós e as vosas familias. 

As tarefas de hoxe son:

6º A:
- Lingua galega: os pronomes persoais. Fixemos oracións cos pronomes persoais tónicos, e da páxina 80, exercicio 1.
- Matemáticas: suma de fraccións. Páxina 74, exercicio 1. Deberes, as seguintes sumas de fraccións.
1/9 + 2/9 + 5/9
3/4 + 1/4 + 2/4
2/7 + 3/8
4/5 + 3/8
6/9 + 1/10
-Ciencias Sociais. Rematamos o tema 3, a intervención do ser humano no medio ambiente, que non entrará en exame. Podedes ler o tema, que ten cousas moi interesantes.
-Valores: Visualización curtametraxe "Cadena de favores", e comentario oral.

6º B:
-Matemáticas: fraccións equivalentes, páxina 71, exercicios 1 e 2. Redución a común denominador, páxina 72, exercicio 1.

6º C:
-Lingua Castelá: comprensión lectora (Seres mitológicos). Pronomes persoais: set 2º e 3º follas (1, 2, 3)
-Ciencias Naturais: Tema parato dixestivo. Páxina 40, exercicios do 1 ao 7, páxina 42, exercicios1 ao 6, 8 e define conceptos.

Ata mañá!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MÉRCORES, 22 DE XUÑO.

  Bo día rapazada de sexto! Por fin chegou o día. Ese día que dá comezo ás vacacións de verán. Vacacións nas que descansaredes, xogaredes, i...