jueves, 2 de diciembre de 2021

XOVES, 2 DE DECEMBRO.

 

Bo día rapazada de 6º! Hoxe, 2 de decembro, conmemórase o Día internacional da Abolición da Escravitude, data na que se asina na Asemblea Xeral da ONU o Convenio para a represión da trata de persoas. Non obstante, ainda hoxe en día esta organización sigue loitando contra as formas modernas de escravitude que non se puideron erradicar do mundo. Estas formas modernas de escravitude son maneiras de aproveitarse das necesidades económicas das persoas, para facerlles firmar un contrato do cal nunca poderán liberarse, debido a que todas as condicións lles obrigan a seguir realizando esa actividade sen gañar nunca a súa liberdade. Obviamente, trátase de contratos totalmente ilegais.

Imos coas tarefas do día:

6º A:
Matemáticas: control.
Lengua castellana: ficha de comprensión lectora e repaso para o control de mañá.
Ciencias Sociais: seguimos expoñendo traballos dos países europeos, de paso que imos repasando.

6º B:
Lingua castelá: redacción sobre el fin de semana anterior para el jueves, 9 de diciembre.

6º C:
Lingua galega: acabar set de determinantes e subxéneros narrativos, páxina 85 (1).
Sociais: clima e vexetación, páxina 14 (2 e define) + pasapalabra de Europa. Páxina18, exercicios 1, 2 e 3. Preexame para casa.

Ata mañá, que xa será venres!

miércoles, 1 de diciembre de 2021

MÉRCORES, 1 DE DECEMBRO.

 Bo día rapazada de 6º! Hoxe, 1 de decembro, é o Día Mundial da Loita contra a SIDA. Este día converteuse nun dos días da saúde máis recoñecido e supón unha oportunidade para recordar aos que faleceron, crear conciencia e celebrar vitorias como o acceso a servizos de prevención e tratamentos antirretrovirais.

As tarefas do día son:

6º A:
Ciencias Naturais: control.
Matemáticas: repaso para o control de mañá. Páxina87, exercicio 8 (calcular os m.c.m. e m.c.d.), exercicio 10, os problemas 2º e 6º).
Seguimos expoñendo traballos de Ciencias Sociais, estádelo facendo xenial.

6º B:
Galego: exercicio 2 da fotocopia 9 e o 3 da fotocopia 10, para o venres. Nun folio co nome, para recoller.

6º C:
Mate: correxir e seguir set problemas MCD e mcm. Última páx para casa.
L.C:actividades de la g/j + signos ortográficos (punto, coma , punto y coma)

Seguide estudando moito para os controis que aínda nos quedan. Ata mañá!

martes, 30 de noviembre de 2021

MARTES, 30 DE NOVEMBRO

 


Ola rapazada de sexto! Hoxe visitamos o IES As Barxas. Que ben o pasamos! En menos dun ano estaredes alí, e seredes vós os que lle fagades a visita guiada ao alumnado que hoxe está en 5º. Aquí vos deixamos unhas fotos desta experiencia.

https://drive.google.com/drive/folders/1o3YArKjbu_u-ynNB6BG4KadD3Pev4B8W?usp=sharing

lunes, 29 de noviembre de 2021

LUNS, 29 DE NOVEMBRO.

 

Bo día rapazada de sexto! O 27 de novembro, sábado, celebrouse o día dos docentes (mestres e mestras). Hai anos (e non moitos) este día era non lectivo, e hoxe en día o que se celebra é o día do ensino, que é un día non lectivo que a Consellería de Educación pon cada curso en función de como coincidan os demáis festivos (pegado a outro festivo e que permita facer ponte). 

Tarefas do día:

6º A:
Matemáticas: páxina 66, exercicios 1 e 2 (problemas), Calculamos m.c.d. e m.c.m. de 15, 45 e 75.
Lingua Castelá: fotocopias de g/j, e cohesión, exercicios das mesmas.
Ciencias naturais: repaso. Páxina 13, exercicios 5 e 6. Páxina 18, exercicio 2, as 3 últimas frases.

6º B:
Ciencias naturais: estudar preguntas do trivial.
Lingua castelá: Comprensión lectora "Los celtas" e exercicios de cohesión para o venres, para recoller.

6º C:
Matemáticas: correxir e set de problemas m.c.m. e M.C.D., 1ª folla.

Recordade que hai tarefas na aula virtual, entrade e ide facendo e entregando. Revisade todas as materias. Ata mañá!

viernes, 26 de noviembre de 2021

VENRES, 26 DE NOVEMBRO.

 

Bo día rapazada de 6º! Hoxe, 26 de novembro celébrase o día mundial do olivo, coa finalidade de protexer e preservar unha árbore emblemática, que según a UNESCO servirá para fortalecere os valores humanos e culturais entre os pobos, xa que representa a sabiduría, a harmonía e a paz.

Tarefas do día:

6º A:
Lingua castelá: Cohesión nun texto. Redactamos unha anécdota tendo en conta os conectores.
Matemáticas: páxina 65, exercicio 16.
Lingua galega: O xénero narrativo.
Estudamos para os controis da semana que vén.

6º B:
Galego: rematar os exercicios do set de fotocopias sobre o til diacrítico.
Matemáticas: problemas de m.c.m y m.c.d., dos  multiplicaciones y dos divisiones.
Naturais: responder preguntas do trivial. Repaso do tema 2.

6º C:
L.G: 2° folla do set + 3° páxina
Mate: corregir ficha cálculo + pág 21(do 9 ao 11)

Pasade unha boa fin de semana!


jueves, 25 de noviembre de 2021

XOVES, 25 DE NOVEMBRO.

 

Bo día rapazada de 6º! Hoxe, 25 de novembro, é o día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Celébrase tal día coma hoxe porque o 25 de novembro de 1960, tres irmás dominicanas foron asasinadas a golpes polo Servizo de Intelixencia Militar cando chegaban de visitar aos seus maridos que estaban en prisión.  Nós participamos coa iniciativa do instituto As Barxas elaborando uns lemas nuns puntos violetas.

Tarefas do día:

6º A:
Matemáticas: páxina 64, exercicios 14 e 15, o último problema do 15 vai de deberes.
Lingua Galega: fotocopia 9 de acentuación. Última fotocopia do sewt de acentuación de deberes.
Ciencias Sociais: Unión Europea. Exposición de traballos.

6°B:
Mates: acabar problema 15 sobre m.c.m. y m.c.d.
Lengua: fotocopia 9, ejercicios 1, 2, 3, 5 y 6 en la libreta.
Teoría sobre punto, coma, punto y coma y cohesión de textos.

6°C: 
L.G: lectura + comprensión pax 38.
Os determinantes (1°folla do set)
Sociais: mares, ríos e lagos de Europa.  Completar mapa mudo. Páx 10 do 1 ao 8.

Ata mañá!

miércoles, 24 de noviembre de 2021

MÉRCORES, 24 DE NOVEMBRO

 

Bo día rapazada de sexto! Onte foron as eleccións ao para escoller  representantes de pais e nais ao Consello Escolar. Moitos de vós entregastes as papeletas en nome dos vosos pais e nais. Seguro que vos gustou a experiencia.

Tarefas do día:

6º A:
Lingua castelá: coma, punto. Fotocopia de puntuación.
Matemáticas: páxina 62 exercicio 1, problema de resolver con táboas. Deberes, páxina 64, exercicio 2.
Ciencias Naturais: Repasamos esquema do tema do aparato locomotor. Paxina 11, exercicios 7 e 8.

6º B:
Sociais: ficha repaso sobre Europa.
Galego: rematar o grupo de fotocopias de til diacrítico.

6º C:
Mate: problemas con MCD e mcm. Páxina 60, exercicio 1, páxina 65, exercicios 14, 15.
Lingua castelá: cohesión textual. Exercicios 1 e 2 da ficha.

Ata mañá!

MÉRCORES, 22 DE XUÑO.

  Bo día rapazada de sexto! Por fin chegou o día. Ese día que dá comezo ás vacacións de verán. Vacacións nas que descansaredes, xogaredes, i...