viernes, 12 de noviembre de 2021

VENRES, 12 DE NOVEMBRO.

 

Bo día rapazada de 6º! Hoxe celebramos o magosto no colexio. E que ben o pasamos! Pero ademáis, algo traballamos:

6º A: 
Lengua castellana: correximos os deberes, fixemos unha comprensión lectora e de deberes os exercicios 1, 2, 4 e 5 da páxina 70 das fotocopias.

6º B:
Lingua galega: páxina 42, exercicios 1, 2, 3 e 4. Páxina 43, exercicios 5 e 6.
Matemáticas: correximos exercicios, e páxina 9 e 10 das fotocopias.

6º C:
Matemáticas: páxina 21, do 4 ao 8.
Estudar países e capitais de Europa.

Pasade unha boa fin de semana!

miércoles, 10 de noviembre de 2021

MÉRCORES, 10 DE NOVEMBRO

 

Bo día rapazada de 6º. Mañá é San Martiño, festivo local en Moaña, así que non teredes clase. Pasádeo moi ben, asade castañas... e o venres teremos o magosto no cole. Pero ata entón, aquí tedes as tarefas do día.

6º A:
Fixemos o control de Naturais.
Lingua castelá: sinónimos e homónimos. exercicio 36 da 1ª páxina do set de fotocopias.
Matemáticas: páxina 58, exercicios 1, 2.

6º B:
Galego: fotocopias 3 e 4 sobre determinantes. O último exercicio das fotocopias en papel solto para o próximo día. Facer o exercicio da libreta.
Sociais: revisar que estén feitos os exercicios anteriormente pedidos sobre Europa:
Páxina 4: 2 e define conceptos.
Páxina 5: 4.
Páxina 7: 1,2,3,4, 5 e define conceptos.
Páxina 11: 7, 8 e define conceptos.
Páxina 12: 1, 4, 5 e define conceptos.
Páxina 14: 1 e define conceptos.
Mapas físico e político de Europa.

6ºC:
Matemáticas: criterios de divisibilidade, páxina 57, exercicios1-2, páxina 64 do 4 ao 7.
Lengua castellana: correxir ficha de comprensión lectora, e set de polisemia.

Pasade un bo día festivo!

martes, 9 de noviembre de 2021

MARTES, 9 DE NOVEMBRO

 

Bos días rapazada de sexto. Hoxe, 9 de novembro, é o día do Inventor Internacional, unha data que se elexiu en honor á actriz, enxeñeira e inventora austriaca Hedy Lamarr.

As tarefas do día son:

6º A:
Lingua galega: Determinantes e as súas contraccións. Ficha do set de determinantes. 
Matemáticas: Descomposición factorial e mínimo común múltiplo.
Ciencias Sociais: Mapa político de Europa, colocar no mapa mudo político a primeira columna de países que temos no resumo do tema. 

6º B:
Mate: exercicios das carillas 6 e 7.

6º C:
Lingua Castelá: palabras homónimas e parónimas, set de exercicios.
Ciencias Naturais: funcións vitais (tema + esquema libreta). Esquema da función de relación.

E mañá máis!



lunes, 8 de noviembre de 2021

LUNS, 8 DE NOVEMBRO




Bo día rapazada de sexto. Hoxe participamos na carreira solidaria a favor dos perxudicados polo volcán na illa de La Palma. Que ben o fixestes tod@s! Grazas ao aolumnado, familias e profes por participar nesta causa solidaria. Somos un gran cole!

Tarefas de hoxe:

6º A:
Matemáticas: descomposición en factores primos.
Ciencias Naturais: correximos control, que repetiremos o mércores. Estudiade. Vimos as funcións vitais.

 6B:
Lengua: exercicios de Lengua das fotocopias. Son para o próximo luns.

6°C: 
Carreira solidaria + corrección examen mate.

Ata mañá!

viernes, 5 de noviembre de 2021

VENRES, 5 DE NOVEMBRO

 

O 5 de novembro celébrase o día Internacional do Pallaso, unha data para homenaxear estes simpáticos personaxes que teñen un enorme nariz vermello e un gran corazón: os pallasos.

As tarefas do día:

6ºA:
Correximos os controis de lengua e matemáticas. Facer as operacións 97803:34, 2781x348
Lingua galega: os determinantes, traballamos ficha sobre os mesmos.

6ºB:
Lingua galega: ficha páxina 2 e 3 sobre determinantes.
Matemáticas: cadros divisibilidade páxinas 6 e 7.
Ciencias Sociais: cubrir mapa físico e político de Europa, para o venres. Páxina 14, exercicio define conceptos.
Repasar naturais para control do luns.

6º C:
Ciencias naturais: exame.
Matemáticas: ficha de cálculo.

Boa fin de semana!

jueves, 4 de noviembre de 2021

XOVES, 4 DE NOVEMBRO

 

Bo día rapazada de 6º. O primeiro xoves de novembro de cada ano celébrase o Día Internacional contra a Violencia e o Acoso Escolar, incluido el Ciberacoso. Con isto, búscase acabar dunha vez por todas cun tipo de violencia, que afecta á poboación infantil a nivel mundial e que provoca terribles secuelas psicolóxicas.

As tarefas do día son:

6º A:
Matemáticas: áxina 57, exercicio 2. Facer as divisións 701:27, 34025:83.
Lingua Galega: páxina 40, exercicios 4 e 6. Páxina 44, os determinantes, exercicio 2.
Ciencias Sociais: páxinas 4 e 5, Europa. exercicio define conceptos.

6B:
Matemáticas: acabar carillas 4 e 5 de divisibilidade.
Lengua: CL "Ella Fitzgerald" y ejercicios sobre g/j.

6°C:
L.G: 4 follas set acentuación 
Sociais: Europa política (mapas) e UE. Páxina 155, exercicios 1, 2 e 4. Completar a ficha do país de Europa que cada un escolleu.

Mañá máis. Veña, que xa chega a fin de semana!





miércoles, 3 de noviembre de 2021

MÉRCORES, 3 DE NOVEMBRO


Bo día rapazada de sexto. Onte no puxemos nada no blog, asistimos ao concerto didáctico que nos ofreceu o profesorado da Escola Municipal de Música de Moaña, explicándonos as características dos instrumentos de vento metal. Aquí tedes un vídeo.

As tarefas de hoxe son:

6ºA:
-Matemáticas: divisibilidade, páxina 56, exercicios 1 e 3. Repasar táboas de multiplicar e facer as divisións 4657:8,  56790:76.
Ciencias Naturais: Control.

6º B:
Sociais: páxina 11, exercicios 7, 8 e define conceptos. Páxina 12, 1, 4 e 5 e define conceptos.
Lingua galega: rematar exercicio da libreta e ficha 1 sonre o determinante..

6º C:
Matemáticas: múltiplos e divisores. Páxina 56 e 64 (1 ao 3)
Ficha de lectura e comprensión.

Ata mañá!

MÉRCORES, 22 DE XUÑO.

  Bo día rapazada de sexto! Por fin chegou o día. Ese día que dá comezo ás vacacións de verán. Vacacións nas que descansaredes, xogaredes, i...