Bo día rapazada de 6º!, Hoxe, 16 de novembro, celébrase o día Internacional do Patrimonio Mundial, unha data na que se estableceu un acordo para a protección, coidado e preservación de todos os sitios naturais e culturais que existen no planeta. Na imaxe tedes a Catedral de Santiago, un dos Patrimonios Mundiais da Humanidade que temos en Galicia, xunto coa torre de Hércules en A Coruña ou as Murallas romanas de Lugo.
As tarefas do día son:
6º A:
- Lingua Galega: fotocopias de determinantes. Páxina 7, exercicio 2, páxina 11 completa.
- Matemáticas: práctica de descomposición factorial e divisibilidade. Parte de atrás da ficha que empezamos onte, ata descompoñer en factores primos os números 1078, 3234, 700.
- Ciencias sociais: completamos mapa físico de Europa coas cadeas montañosas.
Traballo para presentar e entregar, nun folio, ou cartulina tamaño folio. Escoller un país de Europa, poñer un debuxo do mapa do país ou da súa situación en Europa, Indicar Capital e bamdeira. Linguas que se falan, número de habitantes e moeda empregada. Característica de relevo máis importante (montañas, río...),. Dicir o motivo por que o escolliches. Ata o 30 de novembro.
6º B:
Matemáticas: acabar os problemas 38, 40 e 41 sobre m.c.m e m.c.d.
6º C:
Lingua Castelá: determinantes (artículo, demostrativo, posesivo) Páxinas 25-39 do set.
Ciencias Naturais: fichas esqueleto e musculatura, páxina 12 do 1 ao 7.
Ata mañá!