miércoles, 22 de junio de 2022

MÉRCORES, 22 DE XUÑO.

 

Bo día rapazada de sexto! Por fin chegou o día. Ese día que dá comezo ás vacacións de verán. Vacacións nas que descansaredes, xogaredes, iredes a praia, viaxaredes, leredes un libro (ou dous, ou tres...).
Hoxe rematades os vosos estudos en Reibón. Uns anos que recordaredes sempre polos amigos e amigas que aquí fixestes, por todo o que aprendestes, a excursións... e os/as profes que en toda esta travesía vos fomos acompañando. Todos e todas puxemos o noso gran de area na vosa formación, con moito empeño, dedicación e ilusión. Sempre en contacto e colaboración coas familias, para atender as vosas necesidades desde varios puntos de vista: académicas, emocionais, afectivas, sociais... Porque a escola é moito máis que contidos académicos. E especialmente en Reibón, onde somos e nos sentimos unha gran familia.
Algúns de vós seguiredes vindo por aquí porque tedes irmáns pequenos. Outros/as viredes nuns anos a pedir permiso para facer as prácticas da universidade en Reibón, porque queredes ser mestres. Pero para todos e todas, esta seguirá sendo a vosa casa. Aquí estaremos para o que necesitedes.
Onte foi un día moi emotivo. Tan guapos e guapas recibindo os vosos diplomas e orlas, e por suposto, o noso abrazo e cariño.Tamén os profes recibimos o voso cariño e tamén o das vosas familias.Agradecemos moitísimo os agasallos que nos destes ao final do acto, non tiñades por qué darnos nada xa que é o noso traballo e obriga atendervos e transmitirvos os coñecementos necesarios para avanzar á etapa seguinte.Grazas polas vosas mostras de afecto hacia nós.
Non nos queda máis que desexarvos moita sorte na nova etapa que emprendedes. Ide tranquilos, xa veredes como una vez no instituto todo resulta máis sinxelo do que pensades.
Por último, antes de abandonar as publicacións neste blog, deixamos aquí dous enlaces, un con material de matemáticas, que pode axudarvos no verán aos que tedes algunha dificultade coa resolución de problemas, e outro coas fotos do acto de graduación.
Moitas grazas e ata sempre!



martes, 7 de junio de 2022

MARTES, 7 DE XUÑO.

Bo día rapazada de sexto! Por fin chegou o día! Hoxe tedes que preparar a maleta para a excursión, non esquezades meter todo o que vos puxemos na lista.
Os que quedades, lembrade que ides ir ao Concello a representar ao noso cole no pleno de Participación Cidadá, onde aportaredes as ideas que traballamos en clase. Vai ser unha semana moi movida!
Durante estes días non faremos publicacións no blog, ata que cheguemos de Manzaneda.
E lembrade que o sábado temos as olimpiadas escolares, moito ánimo aos que participades!


 

lunes, 6 de junio de 2022

LUNS, 6 DE XUÑO.


 Bo día rapazada de sexto! Onte, 5 de xuño foi o Día Mundial do Medio Ambiente. Celébrase coa finalidade de sensibilizar á poboación mundial acerca da importancia de coidar os nosos ecosistemas e fomentar o respecto polo medio ambiente. Hoxe no cole tivemos algunha actividade relativa a esta conmemoración.

As tarefas de hoxe son:

6º A:
-Matemáticas: Control.
-Ciencias Naturais: páxina 116 e 117. Exercicios 1, 2, 3, 4, 5 e 6.

6ºB:
-Exame de matemáticas.
- LC , CD y CI exercicios exercicios

6º C:
-Exame de matemáticas

Ata mañá! E non queda nada para irnos de excursión!


viernes, 3 de junio de 2022

VENRES, 3 DE XUÑO.


Bo día rapazada de sexto! Achégase o día, aproveitade esta fin de semana para revisar se tedes todo o necesario para a excursión. Ide facendo a maleta!
As tarefas de hoxe son:

6º A:
-Matemáticas: traballamos anos e séculos. Actividades de ángulos.(ficha1 ficha2)
-Lingua galega: control.
-Lingua castelá: fichas oración.

6º B:
-Lingua Galega: control.
-Matemáticas: repaso de horas e ángulos. mate


6º C:
-Exame de L.G
-Mate: ángulos complementarios e suplementarios  + preexamen  mate

Boa fin de semana!

jueves, 2 de junio de 2022

XOVES, 2 DE XUÑO.

 

Bo día rapazada de sexto! Xa estamos a xoves e queda menos para a excursión de fi de curso. Que nervios! Ide preparando todo, que en menos dunha semana arrancamos!
Pero de momento, aquí tedes as tarefas de hoxe:

6º A:
-Control Ciencias Sociais.
-Lingua galega: repaso para control actividades e comprensión lectora ficha1 ficha2.

6º B:
-Examen CcSs
-Matemáticas, los ángulos y las horas (ficha1 ficha2)
-LC: análisis de oraciones propuestas por ellos : 
Mi abuela cocina con una katana
El Papa llegó a la iglesia en su papamóvil
Mi madre es un shaolin con la chancla
El "bicho" fue de viaje a Venezuela
Yo parezco un dinosaurio
Yo me estoy bañando en la playa de Madrid
Mi abuelo es un Johnwich del dominó

6º C:
-Exame de sociais
-Preexame de L. G. (Set) + (ficha1  ficha2)

Ata mañá!

miércoles, 1 de junio de 2022

MÉRCORES, 1 DE XUÑO.



Bo día, rapazada de sexto. Hoxe, 1 de xuño, primeiro mércores deste mes, celébrase o Día Mundial do corredor, para homenaxear aos millóns de corredores en todo o mundo que se exercitan para unha calidade de vida máis saudable e activa.

As tarefas de hoxe son:

6º A:
-Lingua castelá: páxina 23, exercicios 7, 8 e 9. PáxinaS 14 e 15, exercicios 1, 2, 3 e 4 fichas
-Matemáticas: Dadfo un ángulo de 41º, debúxao, calcula complementario e suplementario e debúxaos. Suma 57º 49' 28'' + 37º 28' 54''
Ciencias Sociais: repaso para o control.

6º B:
-LG: os neolixismos e estranxerismos pax163, 5 e 6. Os castelanismos pax. 195 6 + ex. Pantalla e eufemismos ex. Pantalla actividades

6º C:
-Examen de L C.
-Mate: tipos de ángulos segundo a súa posición .
-Sociais: repaso para examen.

Ata mañá!

martes, 31 de mayo de 2022

MARTES, 31 DE MAIO.


Bo día rapazada de sexto! Hoxe, 31 de maio é o día Mundial sen tabaco. Esta celebración foi promulgada pola OMS no ano 1987, co obxectivo de informar e concienciar ás persoas sobre os efectos nocivos e letais do consumo de tabaco e a exposición pasiva ao fume desta substancia.
As tarefas de hoxe son:

6º A:
-Lingua galega: páxina 195, exercicio 6. Páxina 194, exercicio 4.
-Matemáticas: pasar a segundos 7º 15' 35'' e 45º 55''.
-Ciencias Sociais: repaso para o control.

6º B:
-Matemáticas, tipos de ángulos.
Debuxar un ángulo de cada e medilos.
Deberes páx. 142 o 5 e 6.

6º C:
-L.C: análisis sintáctico 
-3°hoja set (fotos)
-Naturais: preexame (fotos)

Ata mañá!

MÉRCORES, 22 DE XUÑO.

  Bo día rapazada de sexto! Por fin chegou o día. Ese día que dá comezo ás vacacións de verán. Vacacións nas que descansaredes, xogaredes, i...